viernes, 2 de marzo de 2012

Roma. Rosa

O meu nome é Publius Cornelius Hispanus, casado con Iulia. Son posuidor dunha panaderia onde fabrico o pan para abastecer o exercito. Vivo na cidade de Lucus Augusti, nunha domus onde habita ademais de eu e miña muller, a miña filla Cornelia. Eu e a miña muller chegamos a Gallaecia fai un vinte anos, coa batalla que se denominou do Monte Medulio, e coa que nos, os romanos acabamos por conquistar toda Gallaecia. Nos meus momentos libres, cando o traballo escasea, eu a máis a miña familia acercámonos o anfiteatro pero ver algunha loita entre gladiadores das distintas provincias de Roma. Xunto a min habita unha familia, que xa estaba aquí antes da nosa chegada, e que se afixeron as nosas costumes. O meu traballo é moi sacrificado posto que só teño un axudante para fabricar grandes cantidades de pan.  O noso pan está fabricado con fariña de millo, auga e nalguns casos pódese facer con algun tipo de especias que recollemos destas terras. O noso pan repártese entre todo o exército pertencenta a esta zona do imperio.O exército está en continuas guerras, e moitos son os homes que van para a guerra e que nunca regresan xunto as suas familias. Aparte do anfiteatro, nesa cidade temos outros divertimentos como poden ser os baños de saunas, que se atopan no centro da cidade e que son de uso público para os homes, pero as mulleres teñen que quedar na casa facendo as tareas doméstica e máis cuidando dos fillos. Neste momento a miña muller está embarazada, e ainda non decidimos o nome que lle imos por o noso próximo descendente. A vida en Lucus Augusti e moi tranquila, sen apenas sobresaltos posto que os chamados "romanizados", persoas que xa estaban aqui cando chegamos, son moi afables e adaptáronse perfectamente as nosas costumes e ao noso ritmo de vida. A cidade está amurallada todo o redor, para protexernos de algun inimigo que intente atacarnos e así poder defendernos dende a altura, pero en todo o tempo que levo aquí apenas houbo un par de pequenos ataques que non tiveron ningun resultado negativo para os nosos intereses.
Tamén hai un acueducto, empregado para o suministro de auga, canalizacións feitas de barro e de plomo; tamén había grandes cloacas (desaugadoiro para eliminar as augas fecais), mansións con termas privadas e había calefacción por chan radiante.
Nas casas da xente máis nobre, é decir, da xente que tiña máis diñeiro, adoitaba haber mosaicos; pero tamén os podíamos ver nas termas.
A miña muller sempre me dicía que a ela lle gustaría ter unha casa cunha terma privada só para a familia e poder bañarnos tranquilamente, ter calefacción por chan radiante, por toda a casa e así non pasar tanto frío. Tamén lle gustaría ter un gran mosaico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario