viernes, 23 de marzo de 2012

A Idade Media.

A romaría vikinga de Catoira ( Caldas, costa do provincia de Pontevedra) celébrase en conmemoración das invasións vikingas que tuveron lugar en Galicia dende mediados do S.IX ata finais do S.XI.
Recorda a defensa de Galicia dos continuos ataques piratas normandos e surracenos que atacaban as costas galegas constantemente debido á pouca defensa que tiña.
Soían buscar comida, tesouros... e tamén intentaban atacar constantemente á Cidade de Santiago, por iso soían desembarcar na zona de Catoira.

As Torres do Oeste son o recordo das fortificacións que se construiron para evitalo, que son un asentamento arqueolóxico composto polas ruínas dunhas torres de orixe romana que serviron fundamentalmente para a defensa das terras aquidioceses de Santiago de Compostela ( territorios eclesiásticos da Igrexa católica rexido por un bispo) dos ataques normandos (viquingos) na Alta e na Baixa Idade Media. Por aquel entonces á fortaleza era coñecida como Castellun Honesti.
Tmaén podemos atopar entre as ruinas das torres, unha pequena ermita dedicada a Santiago, xa que a fortaleza foi cedida ao arzobispo de Santiago no século XIII.
Tráse dun castelo de aceeso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional e sitúase na desembocadura do río Ulla e a ría de Arousa, no concello de Catoira, comarca de Caldas na costa da provincia de Pontevedra. 


A Romaría Vikinga celébrase en Catoira o primeiro domingo de agosto, dende a súa primeira edición no ano 1960. Trátase dunha festa profana, que rememora o papel que desempeñou Catoira na defensa de Galicia fronte ós ataques dos piratas normandos e sarracenos na busca do tesouro da Igrexa Compostelá.
A Romaría Vikinga é hoxe patrimonio de tódolos catoirenses, que traballaron duramente e con ilusión para convertela nunha das festas máis famosas e peculiares de Galicia, sendo declararada no ano 2002 festa de Interese Turístico Internacional.
O Pregón Literario é un dos actos máis arraigados da Romaría Vikinga, que foi instaurado na segunda etapa da festa, retomando as actividades literarias dos seus fundadores. Dado seu interese para A promoción cultural de Galicia, o Concello de Catoira decide manter este acto dentro do programa de festas. Durante os corenta anos de vida da festa moitas han sido as persoalidades da cultura, o periodismo e a política que ofreceron seu pregón. Logo fan unha actuación os grupos de danza e baile tradicionais. Ó mediodía, os romeros son agasallados con mexillóns e viño tinto do Ullla. O desembarco Vikingo constitúe o principal acontecemento do día grande da festa. Como xa se expuxera, esta actividade empezouse a facer no 1968, cun arenero disfrazado de barco vikingo.
Tralas fortes emocións da mañá, os romeros recuperan forzas nunha comida campestre no recinto das Torres, tal e como ven sucedendo dende as primeiras edicións da festa.
Xa pola noite, e como remate da festa, celebrase unha verbena popular na Alameda do Concello.


- Os tributos medievais eran numerosísimos e a súa exención representaba un importante alivio para os beneficiarios. Se ben as denominacións varían dun lugar a outro, investiga as obrigas que impoñen algúns dos máis usuais: 

Fonsadeira (fonsadera): Son todos os ingresos públicos o prestación que se lle facía ao rey para os gastos da guerra. 

Censo: Foron unha instutición empregada en tempos medievais e modernos, en Europa e América. Parecíase a actual préstamo hipotecario, salvo que o deudor conservaba plenos dereitos sobre o inmoble gravado.

Alcabala: Foi o imposto máis importante do Antigo Rexime na Coroa de Castela. O que máis ingresos producía a hacienda real; aínda que o imposto do dez por cen era aínda o máis importante, o seu tutor principal era a Iglesia, con participación do rey.
 
Herbático ou  herbaje: Tributo que en la Corona de Aragón se pagaba a los reyes al principio de su reinado, y era proporcional a las cabezas de ganado que poseía cada uno.

facendeira: Presentación persoal a que estaban obrigados os vasalos para a construción de camiños, edificación da casa forte do señor, etc.

Portádego:Cantidade que se paga para poder pasar por un lugar determinado dunha vía de comunicación, ou por acceder a determinados lugares.
Martiniega : É o imposto más antigo na Coroa de Castela, pagado o día de San Martín, e quizais provenise do dereito esixido ao campasinado que se asentaba nun terreo no cultivo previamente. No século XVII supoñía unha carga de doce maravedís ( antigua moeda ) anuais. 

 Xantar ou yantar: Certo tributo que pagaban, xeneralmente en especie, os habitantes dos pobos e dos distritos rurales para o mantemento do soberano e do señor cando transitaban por eles.

Luctuosa (abadía ou mortura): Chámase abadía ó dereito en Galicia e outras partes de España tiñan os curas párrocos de percibir á morte dos seus feligreses certo tributo dos bens mobles ou semovintes que deixaban, como igualmente o mesmo tributo ou cousa tributaria. É coñecido tamén con nome de Luctuosa.

Maquía
 Imposto que pagaban ao rei os vendedores que ofrecían os seus productos nos mercados.

Gabela
A gabela é un término que designa de forma xenérica ós impostos que se gravan sobre un producto de sonsumo xeral (imposotos indirectos)

Osas o huesas:
Que facía efectivo ao súbdito ao contraer matrimonio e quedará reducido ao caso da muller que se casaba en segundas nupcias.











   







No hay comentarios:

Publicar un comentario