lunes, 23 de enero de 2012

Actividades económicas.

1)
- Indica o volume da flota, a porcentaxe de exportación, os principais produtos de acuicultura, as pincipais lonxas da Mariña.

En total, entre os barcos de gran altura, os de altura e os do noroeste, ascende a 4.801 barcos.

En Galicia só se consome un terzo das capturas, o resto expórtase; un 75% é exportado ao resto de España e o outro 25% é exportado a outros países.
Os principais productos de acuicultura da mariña son as algas (argazo real), os bivalvos (ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho, mexillón, mexillón parques de cultivo, ostra plana, ostra rizada, volandeira, zamburiña), os cefalópodos (polbo) e o peixe (abadexo, linguado, ollomol, robaliza, rodaballo, salmón e troita común).
As principais lonxas da Mariña son as lonxas de Celeiro e Burela.




- Explica a diferencia entre os tres tipos de caladoiros e define tres dos sistemas de pesca (un por cada caladoiro)

 Tipos de caladoiros: nacional, pescas comunitarias e pescas internacionais, que se poden identificar coa pesca de baixura, altura e gran altura respectivamente. A diferenza entre eles, é que os caladoiros nacionais e as pesqueiras internacionais empregan o cerco e as pesqueiras comunitarias non; os caladoiros nacionais e as pesqueiras comunitarias utilizan o palangre de fondo mentres que as pesqueiras internacionais non; as pesqueiras internacionais e os caladoiros nacionais empregan o palangre de superficie e as pesqueiras comunitarias non.





- Redacta nun máximo de dez liñas"a importancia da industria conserveira en Galica" de acordo cos datos da gráfica correspondentes.

Nesta gráfica da industria conserveira, vemos que en Galicia é moi importante este sector. Vemos que en establecementos España ten 147 e Galicia 67, vemos que en Galicia hai poucas industrias conserveiras, pero non quere dicir que non sexa importante este sector. Na facturación (M€), vemos que España factura 1.239,77 millóns de euros, Galicia fatura 967,02 millóns de euros, vemos que comparada ca outa gráfica, onde se falaba do establecemento, Galicia aumenta na sua facturación.
Na gráfica da producción, obsevamos que España produce 311.197 millóns de euros mentras que Galicia só produce 248.958 millóns de euros.
No emprego vemos que España  ten  15.512 millóns de traballadores é Galicia ten 12.050 millón de traballadores. Esta diferenza pode darse por duas cousas:  unha porque Galicia non ten tan desenrrolada as industrias coma España ou porque en Galicia o sector que máis impotancia ten é o sector primario ( agricultura, ganadería e pesca).

2)
 -Redacta nun máximo de dez liñas a situación do sector en Galicia comparado co resto de España.


No primero mapa temático do 2009, fala sobre o número de empresas activas en España. Por cada 100 habitantes, vemos que Galicia ten unha media inferior a española, xa que a española ten 7.3 e a galega ten entre 7 e 8. Esta situación fai que Galicia esteña no segundo posto.
No segundo mapa temático do 2008, fala sobre a distribución da cifra de negocios. Vemos que Galicia ocupa un 5 a un 10%  dos negocios españois. Esto quere dicir que Galicia atópase nun segundo posto.
No terceiro mapa temáto do 2008, fala sobre o gasto interno do PIB. Vemos que Galicia ten unha media de 1 a 15. Galicia volve a estar no segundo posto.
En conclusión, Galicia segue sendo a comunidade autónoma que gran atraso ten, respeto a outras comunidades de España.

3)
 -Observa como medrou o sector servizos en ocupación e como decreceu o sector da agricultura e a pesca, entre 1977 e 2010. Intenta xustificar de xeito claro estes cambios

Nesta gráfica vemos que no ano 1977 case a metade da poboación dedicábase á agricultura e á pesca e un pocentaxe moi baixo dedicábase á industria, á construcción e ó sector servicios. En cambio no ano 2010 máis da metade da poboación dedícase ó sector servicios e un porcentaxe moi baixo dedícase á construcción, industria e á agricultura e á pesca.
Esto débese a que no ano 1977 a xente tiña poucos recursos para traballar noutra cousa que non fora á agricultura ou a pesca. Naquel tempo a xente dedícabase a agricultura para vender os seus productos e tamén para a subsistencia. En cambio, hoxe en día hai moitas  máis posibilidades de poder estudar e de dedicarse a outras cousas, por iso a meirande parte da poboación, no 2010, dedícase ó sector servicios e deixa os outros sectores como una alternativa. A parte de todo isto durante os últimos anos do século XX o turismo medrou de forma considerada  apostando polo turismo ecolóxico, rural, os balnearios e o turismo cultural, como o ligado ó Camiño de Santiago. Tamén intenta atraer o turismo de congresos e exposicións.