domingo, 11 de marzo de 2012

Roma. Clara

Chámome Annia Galeria Faustina son a muller de Cneo Claudio Severo Arabiano.
Dende fai un tempo vivimos en Gallaecia, antes de instalarnos aquí, nós viviamos en Bracara Augusta. A nosa chegada a Gallaecia é debido a que o meu marido participou na campaña de Xulio César. Nesta campaña, Xulio César parte de Cádiz e chega ata A Coruña. Esta conquista foi realizada polo mar.
Cando eu cheguei a Gallaecia, meu marido xa levaba un tempo vivindo alí. Cheguei a través da calzada que unia Bracara Augusta con Lucus Augusti, como meu marido estaba en A Coruña, tiven que volver a ir dende Lucus Augusti ata A Coruña por unha vía secundaria.
Hoxe en día o meu marido dédicase a agricultura, grazas ós novos avances que se deron neses tempos, ten moitas máis facilidades á hora de traballar, estes novos recursos son o arado con animais o que permite que o meu marido non teña que facer grandes esforzos, outro recurso foi a introdución de novos cultivos como a vide ou o liño. O liño estaba bastante demandado xa que era a tea que utilizaba toda a xente para texer as súas roupas.
Vivimos nunha villae e como o meu marido dedícase o tema do campo vivimos nunca villae rústica, na nosa villae  temos algúns mosaicos en representación da arte de este tempo.
A nosa hixiene persoal lévase a cabo en baños públicos frecuentados tanto por homes como por mulleres. Despois de iso, o meu marido iba a xogar unhas partidas de axadrez cos nosos amigos mentres eu me quedaba nas termas acabándome de peitear e maquillar. Despois de estar xa preparados íbamos a cear a casa dos nosos amigos ou os nosos amigos viñan á nosa, a cea era moi abundante e predominaba a carne. A cea era a comida máis importante que se empezaba á media tarde e acabábase á noite, se tíñamos invitados esas cenas prolongábanse ata ben entrada a noite.
As nosas roupas típicas son a túnica tanto nos homes como nas mulleres, no caso dos homes chega por debaixo dos xeonllos e no caso das mulleres chega ata os pés.
 Por último, no noso tempo de ocio soliamos ir ó teatro ver representacións dramáticas ou os circos e anfiteatros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario