jueves, 9 de febrero de 2012

1. Diferencia os tipos de utis que vimos no vídeo



Os utis que aparecen no video son:
-Chopper,  canto traballado só por un lado, utilízase para golpear, rascar, despedazar, etc.  .
-O bifaz(Hand Axe) está moito máis tallada e utilízase para cortar madeira.Brosa
-A lasca Levallois(Levallois Flake) sacámola a base de tallar unha pedra para obter láminas finas que volven traballarse para crear novos utis
Raedera(Sidescraper): É un util fabricado sobre unha lasca, con un ou varios bordes traballados por retoques. Serviu para rascar e cortar. Usábase para rascar a pel dos animais, para quitar a grasa...etc.
Escotadura(Notch): Lasca de fío curvo, que se empregaba para pelar paos.
Punta de frecha(Levallois Point): é un tipo de lasca levallois. Ten morfoloxía triangular,coidada e bastante regular ou simétrica, co vértice puntiagudo necesariamente oposto ó talón. Utilizábase para cazar maioritariamente.


2. EXEMPLOS DE MEGALITISMO EN ESPAÑA E EN EUROPA Busca imaxes de cada un e define brevemente
en España: dolmen de Menga, naveta es Tudons
en Gran Bretaña: Stonehenge, Newgrange
en Cerdeña: Coddu Vechio en Arzachena, Is Concias en Quartuccio
en Malta: Ggantija, Hal-Saflieni


Dolmen de Menga:

 


Atópase en Antequera (Málaga). A súa construción pódese datar na Idade do Cobre, arredor de 2500 a. C. Este dolmen ten unha planta case rectangular e unha galería cuberta. A súa cámara sepulcral está composta por sete pedras que forman a parede, a cada lado, e ten unha pedra no fondo. O teito deste dolmen está cuberto por cinco pedras, sendo a última a máis grande. Calcúlase un peso aproximado de 180 toneladas. Todo isto atópase cuberto por unha mámoa.



La Naveta es Tudons:

 






 La Naveta des Tudons é unha construcción funeraria da prehistoria menorquina usada entre os anos 1200 e 750 a.C. Trátase dunha tumba colectiva que ao ser excavada aportou restos de algúns individuos. Tamén atopáronse obxetos de bronce, botón de óso e cerámica. É unha das construcións mellor conservadas de Menorca.
Na actualidade está restaurada e aberta ó público. Situado en Ciutadella é un dos iconos e reclamos máis importantes da Illa.



Stonehenge:









O Stonehenge é un monumento megalítico da Idade do Broce situado cerca de Amesbury, Inglaterra. Varias ipóteses indican que podería ter untilizado como templo relixioso ou como un observatorio astronómico, para predecir as estación do ano.
Está formado por grandes bloques de pedra distribuidos en catro circunferencias concéntricas, todo isto atópase rodeado por un foxo circular duns 104 metros de diámetro. O exterior está formada por pedras rectangulares de arenisca. Dentro da hilera exterior atópase outro cículo de bloques máis pequenos de arenisca azulada. Ésta encerra  unha  lousa de estructura con forma de ferradura construida con predras de arenisca da mesma cor.



Newgrange:


O Newgrange atópase en Irlanda. É un cementerio Pagano que foi construido ao redor do 3300-2900  anos a.C.
Consiste nunha enorme mámoa de forma circular ( onde se atoparon restos de personas encineradas),  feita de pedra tallada.   No interior do montículo trancorre unha pasaxe de 18 metros que se adentra ata un tercio do diámetro e leva a unha entrada cruciforme. A cámara funeraria tén un teito que sobre sae e que se eleva ata unha altura de unhos 6 metros. 
Especúlase que o sol tiña unha grande importancia para o pobo que construíu a mámoa, debido a que éste penetra nunha cámara durante o solsticio de inverno, iluminando durante uns 17 minutos.
















Coddu Vechio en Arzachena:


 Monumento funerario constituído por sepulturas colectivas da época nuráxica.Atópase en Arzachena,Malta.
A instalación compose dunha tumba de corredor e unha explanada semicircular empregada con fins de culto. A estela do portal central está caracterizada por un altorrelevo.Ten un gran ortoestacto que sinaliza a entrada ó mundo dos mortos.





























Is Concias en Quartuccio:


Ten as características do anterior

Ggantija:

É o nome dun conxunto dos templos megalíticos de Malta situados na Illa de Gozo.
Foron destruidos duranre o neolítico
 e son polo tanto anteriores a conxuntos similares como Stinehenge. Trátase de dous das máis antigas construcións relixiosas complexas que sobreviviron na relixión sen ser saqueadas, demolidas ou enterradas.
En maltés o nome evoca á expresión "torres xigantes" e según a lenda, as torres serían construídas por enormes criaturas co fin de utilizalas como sitios de adoración.





Hal-Saflieni:





É o único templo subterráneo prehistorico coñecido; foi excarvado hacia ó ano 2500 aC. Considérase que a súa primeira función foi a de santuario e que, posteriormente, converteuse en necrópolis.
Está situado no extremo do municipio de paola. foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1980.


































3.TRABALLO SOBRE UN ENTERRAMENTO MEGALÍTICO


Dolmen de pedra da Arca
Localízase entre os concellos de Vimianzo e de Dumbria, na provincia de A Coruña. Atópase nunha paisaxe de pedreiras cunha certa elevación e cunha terra de gran calidade, preto do río Xallas.
O dolmen está construido con granito e ten unha forma cilíndrica cunhas dimensións de 4.25m de base e 3m de altura. Déscartase que o monumento sexa do neolítico posto que nel está representado un obxecto de metal e aparece pintada unha cruz que algún descubridor pintou no 1940 como recollen algúns documentos da zona. A construción está composta por cinco pedras de pé que sustentan outra pedra de forma cilíndrica qye serviría como teito e que está orientada cara a cámara do dolmen.


Conta a lenda que unha moura encantada forma parte desta, segundo a cal a Arca (nome tradicional atribuido a este tipo de construción na zona) foi construida por esta moura que trouxo as pedras na cabeza mentres fiaba nas rocha e amamentaba un neno.



Atópase a unha latitude de: 43º 1`48.15" N
Lonxitude: 9º 1`21.62" O

No hay comentarios:

Publicar un comentario