miércoles, 16 de noviembre de 2011

Climograma


Un climograma é un gráfico de dobre entrada (temperaturas precipitacións) que permite representar visualmente os trazos dun clima, posto que presenta as variacións térmicas e pluviómetricas mensuais ao longo do ano. No eixe dereito, representa as temperaturas medias anuais en de 20 en 20ºC(chegando como máximo a 140º). No eixe esquerdo, represéntanse as precipitacións medias mensuais en mm, graduado de 10 en 10mm(como máximo 70mm). Na parte baixa observamos os meses do ano. A liña vermella representa as temperaturas. As barras azuis representan as precipitacións.

 Podemos observar unha temperatura media anual de 11,5ºC. A súa amplitude térmica é de 11ºC(mín. 7ºC e máx. 18ºC). O inverno soe ser frío, e o verán algo caluroso.
As estacións intermedias(primaveira e outono), son algo chuviosas e suaves. O mes máis húmido foi o de Decembro(140mm) e os menos húmidos foron os de xulio e agosto con 35mm. As precipitacións  máis altas atópanse no inverno, seguido da primaveiro e do outono, e logo polo verán.Non ten aridez xa que segundo o índice de Gausen, non hai meses secos, xa que as precipitacións non superan a tempreratura.
Este climograma correspóndese co subclima oceánico continental en Galicia. Éste atópase na zona central da comunidade autónoma. A súa oscilación térmica é de 11ºC porque non se atopa baixo a influenza marítima. Neste subclima, aféctalle o anticiclón das Azores. No verán este anticiclón desplázase cara ó norte, provocando unha situación de inestabilidade en Galicia. Polo contrario no inverno desplázase cara o sur provocando que poidan entrar borrascas e habendo así unha situación de inestabilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario